Poemas de

Helena Villar Janeiro: ‘El mar y las cerezas’ y otros poemas de ‘De rosa antiga’

Serie: Libros dedicados o enviados a A. P. Alencart / 14
Libros:’De rosa antiga’ (Editorial Galaxia, Vigo, 2022)

EL MAR Y LAS CEREZAS


Ven,
Amado.
Te probaré con alegría.
Te soñaré conmigo esta noche.
Eunice Odio, Posesión en el sueño

El amor huele a mar y en tu presencia, Amado,
abrazo ese lenguaje sin lenguaje
que susurran las ondas,
infancia, ingenuidad,
deseo y gozo.

Juntos volvemos de donde el cormorán estira el ala al sol
y al borde del salitre que sazona el placer
y hace durar la llama de amor viva
trocamos nuestros cuerpos por caricias
al viento tropical de las cinturas
y rozamos el cielo.

En la arena te pienso con la boca cuajada de cerezas
que supieron de niñas del amor por los pájaros
tejedores de cánticos y nidos
y hoy bajan la escalera del deseo
juntando nuestros labios.

El mar y las cerezas,
mi corazón y el tuyo, Amado,
tu carne entre mi carne,
todo espera a que el vientre de la noche
descolgada de todas las estrellas
nos regale el rocío
que es fértil humedad del beso eterno.

CABALGA DON QUIXOTE

Yo, que siempre trabajo y me desvelo
por parecer que tengo de poeta
la gracia que no quiso darme el cielo […]
Miguel de Cervantes

Marcando estelas en el mar poético
su cabeza anidada por novelescos pájaros-
cabalga don Quixote, descabalga, pelea, sangra, yérguese,
otea los caminos y los siembra
de locuras y ensueños.

Prosopopeya de aspas y perfiles
en todos los molinos y carneros.
Metáfora, es su lanza justiciera,
paradoja de insanias y corduras.

Bajo latas de utópica defensa,
un corazón ardiente de poeta persigue fuegos fatuos
en caminos,
en cuevas,
en posadas…

Persigue y los enciende,
porque él es verso altivo
de un poema enhebrado en la antinomia,
de toda osada libertad que crece
persiguiendo rufianes y fantasmas.

Fuera de su cabeza coronada
por la bacía sublimada en yelmo,
es la geografía quien le pone la realidad torcida
que él advierte en sus campos de batalla
tras un solemne vasallaje de honra
en el que evoca dueña y fortaleza.

Cuando al final, rescatada la aurora
del frío de la noche,
recobra su cordura,
no es el verso vencido. Es el poema
del más audaz amor que se haya escrito.

LA PANA DE LOS MONTES

…subimos, acaricia el mar de lomas,
estos prados, su verde oscuro turbulento,
la pana remendada de los montes…
Antonio Colinas

Quizás yo soy la niña que viene desde atrás,
desde detrás de atrás,
desde el revés del tiempo y la memoria.

Quizás haya zurcido la pana de estos montes
entre la lentitud de los glaciares
y la reverberación del sol en mi desnudo,
apoyando retazos
en las rodillas de agua y tierra virgen,
cosiendo con agujas
que aún los grillos le clavan a la noche.

Quizás yo vi subir los dioses a las cimas,
y al monte hacerse tierra de acogida
cuando se apacentó la primavera en prados de narcisos,
se rasuró el verano el vello de los campos,
pintó y desmelenó el otoño la melodía de sus vientos,
y del tronco dormido, ya esparcidos los cantos y las quejas,
arrancó cada invierno su silencio.
Quizás la humanidad que todavía
le viste las caderas al monte remendado
es quien guarda a la tierra sus secretos.

A PANA DOS MONTES

…subimos, acaricia el mar de lomas,
estos prados, su verde oscuro turbulento,
la pana remendada de los montes,…
Antonio Colinas

Quizabes son a nena que chega desde atrás,
desde detrás de atrás,
desde o revés do tempo e da memoria.

Quizabes eu zurcise a pana destes montes
por entre a lentitude dos glaciares
e a reverberación do sol no meu espido.
apoiando retallos
nos meus xeonllos de auga e terra virxe,
cosendos con agullas
que inda os grilos veñen cravarlle á noite.

Quizabes vin subir os deuses ás curotas
e o monte converterse en terra de acollida
cando se apacentou a primavera en prados de amarelles,
o verán rasurou a pelame dos campos,
pintou e espeluxou o outono a melodía dos seus ventos,
e do toro durmido, xa exparexidos os cantos e as queixas,
arrincou cada inverno o seu silencio.
Quizabes inda hoxe a humanidade
que reviste as cadeiras do monte remendado
é quen lle garda á terra os seus segredos.

LOCUS AMOENUS

Na Fraga de Valiñas, un rústico pontigo sobre o Donsal con cadanseu castiñeiro nas cabezas, pídeme que deteña o tempo uns instantes sentindo esvarar a auga baixo dos pés. Nese arredor naceron os meus primeiros versos. E volvo, desde os dous lonxes, admirar esas árbores que terman da paisaxe mentres morreu un mundo e naceu outro.
Falan con vento, chuvia, neve, frío e calor en lingua prehumana. Signos lingüísticos que ordenan durmir, espertar, botar a folla, a flor e os froitos. Pórse amarelos e despois espirse. Facer medrar as varas e ata velar o río: primaveral no canto, calmante na calor, suave nas follas idas, e altivo e barulleiro nas enchentas. Nalgún momento a frada talloulles a cintura e remedraron. Mantenza antiga, edén de paxariños, pousadoiro de enxames e de soños.
E namentres, o tempo torneounos, rabuñoulles os toros, abrigounos con mofos e con liques, e figuroulles caras sobre as nórnigas que gardan a memoria veciñal duns catrocentos anos. Ao aparecer o ventre acarochado, acolleron coruxas e morcegos, e os medos ancestrais que regresan vencidos.
Cando eu marche de vez, eles irán perdendo inda amodiño esa fasquía arbórea e serán obras de arte. Xa podo adiviñar dous caprichosos templos. Sen deidades, sen proxectos, sen planos, sen autor nin destino. Serán arquitectura da que constrúe o universo, que fai e desfai os equilibrios, a esencia da harmonía.
Nalgún momento, eles tamén se irán de onda o Donsal, o vello río que non ten idade.
Porque el soubo aprender, xa nas orixes, a renovar continuamente o instante.
Quintá de Cancelada, en xaneiro de 2022

MIGRANTES

Te vas. La situación lo exige.
De nuevo intentas localizar tu Tierra prometida.
Alfredo Pérez Alencart

I
Despois do útero é a terra quen fixa. Se naces co malfado da miseria adoitas enraizar en chan moi pobre.
Comeza a fixación e o leite maternal apenas mana dun escaso alimento. Sen lle saber o nome, axiña o malfadado recoñece esa fame como eiva e, cando a verdade fai abrir os ollos, ve o seu arredor de casa pobre.
As irmás e os irmáns, caras de vellos, carréxanos ás costas para que non se laceren nos peíños, que os deles teñen calo. Pais, nais, avós e avoas van como os animais con carga e esqueleto, que a todos por igual corroe a fame.
Se a criatura medra, ve e prevé o que alí agarda e un bo día decide trasplantarse.

II
Marchar é arrincarse como unha árbore. Deixar a parentela, a terra, o frío ou a calor. Abandonar os puntos cardinais que nos orientan. Facer mudanza de ventos e estrelas. É dor de despedida sen haber a certeza de que espera outra terra onde plantarse.
A lúa é conselleira para insomnes, porque ela xa viu todo. Pregúntanlle dos lonxes que lles emiten soños e pídenlle consello sobre onde enveredarse, onde van aceptar a árbore que arrastran. Pero a lúa é a dona do seu silencio.
Marcha noturna tras das despedidas do que lles é visible. E tamén dos tesouros invisibles que deixarán no canto da raíz: as palabras da nai e mais do pai, cuxo timbre se esquece ao pouco tempo, e algún susurro do primeiro amor.

III
Nos desertos, nos mares e fronteiras, irán sempre á deriva. Para que o corazón siga latendo coidan a pouca terra que vai presa ás raíces. No desamparo, buscan algo de abrigo na memoria e tamén no desexo.
Pasarán meses coa mesma lúa en diferentes ceos. Dirán adeus á pedra en que sentaron, ao parapeto que os librou do vento, area ou chuvia, e a cada grolo de agua que puideron beber.
Na soedade, curan feridas de alma poñéndolles o bálsamo do tarro da esperanza. As feridas do corpo curan soas segundo pasa o tempo.
Forman familia nova: a dos errantes, bosque desarraigado que vai ás costas. Falaranse con ánimo finxido. Diranse que o planeta é para todos e que só os covardes permanecen atados a un lugar. Hai moi mundo para dar acubillo e alimento.
Da fame apenas falan por respecto alleo. E distraen a vista coa paisaxe soñada: un río de augas limpas con sombras e con froitos, un río que non mire ni roupa esnaquizada nin calzado desfeito.

IV
Inda lles queda o mar, líquido anmiótico, naos improvisadas por tratantes da morte. Cemiterio sen tumbas e sen ritos. Dramático lugar de despedidas cando a sede secou as bágoas todas.
Ese bosque ambulante, vai minguando pero inda segue inviso buscando a selva humana á que chamaban mundo, vencendo resistencias imposibles.
E, xa ao final, se alguén consigue entrar será, ao furto. Arrastrará a árbore mentres escape ou viva escravizado, porque será ilegal. Nin sequera a odisea dun derrotado pola adversidade merecerá que lle dean o nome de estranxeiro.
En Abuín, entrando a primavera de 2022


Helena Villar Janeiro (Becerrá, Lugo, 1940). Poeta, narradora, articulista de prensa y traductora. En poesía ha obtenido los Premios Manuel Antonio, Galicia, Chao Ledo, Eusebio Lorenzo y Xacobeo; mientras que en narrativa le concedieron el Premio Breogán y el Modesto R. Figueiredo. También ha sido premiada por su obra periodística y de ensayo. Formó parte del colectivo poético Cravo Fondo (1977) y coordinó las colecciones de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón y Poetas con Rosalía.ue presidenta de la Fundación Rosalía de Castro y miembro del Consello da Cultura Galega (2005-2012). Cofundadora del PEN Clube de Galicia, perteneció al IPWWC (International PEN Women Writers Committee). Entre sus libros de poesía están Alalás (1972), O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Rosalía no espello (1985), Cabeleira de pedra, (edición en galego-castelán-francés-inglés-alemán, 1993), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999), Nas hedras da clepsidra 1999), Pálpebra azul (2003) y Remontar o río (2013). También de los poemarios infantiles O libro de María (1983), A campá da lúa (1999),B elidadona (2002), Na praia dos lagartos 2003), O souto do anano (2007) Dona e Don (2004) y As Señoras cousas 2014) o Remontar o río (2014). Su obra obra narrativa comprende los siguientes títulos: Morrer en Vilaquinte (1980), O enterro da galiña de Domitila Rois (1991), A tarde das maletas (1992) y Noites en Compostela (2007). Es autora de una extensa obra narrativa para la infancia por la que mereció ser incluida en el catálogo White Ravens de la Internationale Jugendbibliothek de München, en 1990 con Ero e o Capitán Creonte, y en 1994 con A canción do Rei.

Helena Villar Janeiro en Salamanca

Imagen de cabecera: Presentación del libro en el Ateneo de Santiago de Compostela

 




Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*
*